Sae o semanario Sermos Galiza e entrevista a Aristobolo Quinteiro

Aristobolo Quinteiro, "Tobo", nunha viña súa das Regadas. Fonte AGV

Temos a oportunidade de anunciar a saída dun medio de comunicación galego, neste caso en formato dixital e semanario en papel, é o Sermos Galiza, despois dunha andaina de máis dun ano recollendo apoios duns 900 accionistas, nesta publicación a AGV e a FRUGA disporá dun vieiro máis de comunicación sobre a realidade sectorial do agro e a do viño en particular. E por iso unha honra ter na contraportada a un persoeiro que ten tras de sí unha historia de esforzo e entrega nas reivindicacións políticas e sociais das xentes da economía da terra, alá xa polos anos da dictadura. De feito participou nas protestas contra as expropiacións do encoro de Castrelo de Miño alá polo ano 1964 así como na loita contra a cota empresarial e a denuncia dos fraudes do viño no Ribeiro. Aristibolo Quinteiro, o Tobo, é un viticultor do Ribeiro, que sempre viviu e vive da terra, socio da Adega Cooperativia Vitivinícola do Ribeiro, que explota varias parcelas nas Regadas, foi fundador das Comisións Labregas e ten sempre manifestado con incansable contundencia as firmes convicións sobre calquera cuestión que afecte á xustiza social e económica que teña a ver co día a día das persoas de toda condición. No ano 2006 recibiu xunto a Xosé Chao Rego o Premio Moncho Valcarce pola Defensa da Terra, unha distinción que recoñece os moitos anos adicados a “Promoción da Terra”, sobre todo o Tobo é un humanista que habita nunha república de viñas e adegas. Reproducimos a entrevista feita por Carme Vidal do Sermos Galiza que aparece na contraportada do nº 0 do Sermos Galiza en pdf

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario