O pasado 28 de Novembro de 2009 celebrouse a Asamblea Constituinte da Federación Rural Galega – FRUGA, froito da converxéncia de distintas asociacións do rural galego que, desta maneira, xuntan esforzos e sinérxias cara non xa só ofertar mellores e mais eficientes servizos aos seus asociados e asociadas, senon mesmamente desde a unidade defender con firmeza e contundéncia os intereses dos homes e mulleres do rural, prosisionais da agricultura, e mesmo a organizar e pór ao servizo da sociedade as aportacións de todas aquelas persoas que, non sendo activos e activas da agricultura, teñen no seu haber coñecimentos, experiencias e, por riba de todo, amor e paixón polo País e polo seu agro. A cita de Novembro supuxo, por unha banda, a culminación dun proceso iniciado un ano atrás e, ao mesmo tempo, o princípio doutro no que teñen cabida non só asociacións e agrupacións, tamén as persoas que a título particular queran facer parte do proxecto agluitinador do agrarismo nacionalista.
Así na asamblea de Lugo tomaron a palabra compañeiros e compañeiras dos distintos sectores produtivos, asi como dos Comités de Apoio que tomaron a decisión de acompañar-nos no noso camiñar. Deste xeito expuxeron-se propostas, fixeron análises e tiraron-se conclusións chave para iniciar o traballo en sectores como o leite, a produción de carne, a produción hortícola, o viño, a pataca, o monte,…que terán a sua continuidade no traballo diário da própria FRUGA como nas distintas asociacións que dela fan parte.
Asi é como cada un e cada unha de nós desde o noso lugar teremos que cumplir co noso traballo e o noso compromiso para que se faga realidade o noso anceio dun agro galego vivo, activo e dinámico, empregador de mozos e mozas, ao servizo dun pais que require del para alimentar-se e ser mais país, no que as relacións comerciais sexan mais xustas, os alimentos mais sanos e, con isto, conquerir un agro con futuro para Galiza