Vacún de carne

A XUNTA DE GALIZA ESCENIFICA O SEU DESINTERESE POLO AGRO GALEGO RECORTANDO AS AXUDAS PARA A PRODUCIÓN DE CARNE EN EXTENSIVO CON RAZAS AUTÓCTONAS.

Amosa a sua insensibilidade e desprezo cara métodos sustentáveis de explotación da terra, as razas própias do País e a perda de renda das explotacións cárnicas de montaña.

Esta liña de axudas estabeleceuse por unha orde da Consellaria do Medio Rural publicada en Abril de 2008, motivada por distintos argumentos: Adecuar as axudas à filosofia da nova PAC, que falaba de focar a produción agro-gandeira cara modelos mais respeitosos co medio ambiente e ao aproveitamento dos recursos naturais, ademais de satisfacer a demanda dos/as consumidores/as de produtos mais sanos e naturais.Tamén se buscaba promocionar o uso e a mellora racial do gando autóctono fomentando a sua utilización en sistemas extensivos. E finalmente, e o que pode ser mais importante sobre todo desde o ponto de vista económico das explotacións, fomentar e axudar a desenvolver unha gandeiria baseada no pastoreo, no aproveitamento dos recursos própios das explotacións que revirte, por unha banda, nunha maior rendabilidade para os gandeiros e gandeiras e que ademais contribue a manter e conservar os ecosistemas do rural, evitando que fiquen no avandono, e, na maioria dos casos, previndo incendios forestais, xa que esas actividades desenvolvense maioritariamente en zonas de monte.

A estas axudas concurriron un bo número de explotacións, non todas as que podian ser beneficiárias, mais era a primeira pedra cara a desenvolver e promocionar este tipo de actividades.

Pois ben, xa na aprovación da primeira convocatória destas axudas xurdiu o primeiro conflito ao ficar un bó número de solitantes fóra por un erro na interpretación dos prazos de apresentación da solicitude. Tentou-se negociar coa Administración unha saída a eses expedentes (mais de caen), mais recebeu-se a calada por resposta, e malia ter apresentado un bó número de recursos a ese proceso de adxudicación das axudas, a dia de hoxe a Consellaria de Medio Rural encabezada por Juarez non contestou a ningun.

Pero o que non agardavamos é que se utilizara ese erro administrativo para tentar eliminar esa liña de axudas. Asi, cando a Consellaria voltou quitar a Orde en Xullo de 2009, apresentou-na como a renovación do compromiso adquirido pola orden anterior, o cual xa facia pensar que poidera dificuldar a incorporación de novas explotacións a esta liña.

Logo de seis meses de apresentar a solicitude, o malestar xeralizouse, xa que a ninguen lle chegaba a carta resolvendo ou non a solicitude.Pero non foi até o 11 de Xaneiro deste ano que a Consellaria publicou no DOG, con nocturnidade e alevosia, duas listas: unha de expedentes aprovados, e outra de expedentes non aprovados. Asi, de un total de 1161 solicitudes aceitaron-se 821 e deixaron fora nada menos que 340: o 30 % das solicitudes. E non se empregou somentes a excusa de que algunha das solicitudes non supuñan unha renovación, xa que os recursos apresentados por mor das denegacións das solicitudes de 2008 ainda non foron respostados: deixan-se fóra un número importante de solicitudes de explotacións que foron beneficiárias da axuda na primeira convocatória, que cumplian os requisitos para ser beneficiários, e que aparecen no listado de non aprovados en base a argumentos falsos como superar a carga gandeira ou non ter o número suficiente de autóctonas. Polos contactos que xa estabelecimos coa administración, non se van correxir os erros na adxudicación das axudas: vaise tirar para diante e deixar definitivamente fóra desta liña o total dos expedentes denegados, independentemente que a Xunta cometer un erro, intencionado ou non (parede que intencionado) para recortar esta liña. De feito recortou-se o total  dos cartos da axuda à cuarta parte respecto à partida habilitada en 2008.

Polo cálculos realizados polos servizos técnicos de FRUGA estamos a falar de ao redor de UN MILLON CINCOCENTOS MIL euros que as nosas explotacións deixarián de ingresar.

Resposta da FRUGA.

Para FRUGA resulta escándaloso que non se informe persoalmente aos e às solicitates de estado da sua solicitude, tal e como viña sendo habitual, e se empregue o DOG, xa que non é habitual que os gandeiros a e gandeiras consulten diariamente o dito Diário para ver como van as suas solicitudes perante a Administración.

É por isto que desde a Federación estamos a iniciar unha campaña de apresentación de recursos individualizados, recursos  que teñen que ser apresentados antes do 30 de Xaneiro, polo que facemos un chamamento a todos os afectados e afctadas a reclamar os seus direitos, para o que lles brindamos a nosa colaboración e asesoramento.

Ademais nestes momentos o noso Gabinete Xurídico está estudando demandar via xudicial à Administración Autonómica.

Non menos grave é o desprezo cara às razas própias do País, xa que a maior parte delas, se non é por este tipo de axudas fican en clara desventaxa con outras razas de maior rendemento cárnico, polo que se está a por en perigo parte do noso patrimonio cultural e da riqueza xenética da nosa cabana gandeira.