DA COMERCIALIZACIÓN, A CRISE E A GLOBALIZACIÓN NAS NOSAS PRODUCIÓNS AGRÁRIAS.
Este é o relatório que, a propósito das producións agrárias, apresentou a compañeira Iria Villar Rodal na Asemblea Constituinte da FRUGA.
Lugo, 28 de Novembro de 2009.
Falar de sectores agrícolas é falar de pataca, pan, horta, froitas e viño, coas suas particularidades e diferencias, significan unha parte importante da nosa riqueza e asentan a nosa necesaria seguridade alimentaria.
Como dicía recentemente o Presidente Sarkozy de Francia: “a agricultura representa a nosa primeira industria, se puderamos sumar producción e transformación” . O conxunto dos sectores citados suman na Galiza, apenas só a pé de finca, algo mais de 115 millons de euros, pero só un sector moi pequeno en superficie como o viño factura mais de 100 millons de euros se incluimos, efectivamente, a industria, a riqueza non é o que nos poden pagar na porta da explotación polo saco de patacas, o quintal de pan, o quilo de cenouras ou a ola de viño, se nón canta riqueza causa no pais que se poidan vender acá ou fora das nosas fronteiras as patacas fritidas de Sarreaus, as caixas de viño da Ribeira Sacra, os mirabeis en almibar do Rosal, as nosas mellores empanadas de millo ou fariña triga e cebolas da Limia, os pementos enlatados, eo grelos enlatados e licores e moitas mais, a riqueza esta na cadea de valor completa, polo que somos e xeramos riqueza. Falamos de lavradores, traballadores de cooperativas, transportistas, maioristas, expendedores, grandes superficies, enólogos, soumillieres, gastrónomos, etc….Unha cadea de valor que parte da nosa terra e acaba en toda a xente, toda.
Ainda así cubrimos moi pouco do noso potencial de mercado, só no noso consumo de patacas e horta consumimos mais de 320 millons de euros do que cubrimos unha mínima parte, ou xa non digamos os mais de 386 millons de euros en pan, ou os 420 millons de euros en froitas, desde hai tempo somos importadores netos de alimentos vexetais e apenas vendemos fora, mesmo somos unha dos principais consumidores de viño dunha coñecida denominación de orixe española. Esta situación veunos dada desde hai tempo e tivo moito que ver as políticas de desenvolvemento que se volcaron mais na emigración resignada que organizar o traballo no campo, xa que non faltan terras nen auga, e mesmo temos un dos mellores climas mais equilibrados do planeta.
O proceso chamado de globalización ou mundialización conformado pola imparable evolución do capitalismo que levou a niveis impensables hai tempo o actual tránsito de mercadurias, materias enerxéticas, minerais, e cómo non, alimentos. Cada vez da cesta da compra percorre miles e miles de quilometros con cousas de nome raro ou non tan raro que veñen de sitios tan lonxanos. A concentración urbana do consumo foi a mais polo que quedaron superadas as nosas tradicionais redes de mercados de fresco e de arrieiros e feiras comarcais.
Os tempos de crise intensifican o aumento das marcas brancas así como a perda de identificación e desvalorización do noso traballo. Si, a crise agudizou unha tendencia histórica que favoreceu a concentración na distribución agroalimentaria a todos os niveis onde mesmo as industrias e cooperativas de base vense moitas veces sometidas. As marcas brancas supoñen un salto mais na monopolización da venta ao cidadan en detrimento da santificada competencia, non hai pois tal competencia, as consecuencias de todo isto é o aumento na presión sobre custes e marxens na cadea abaixo onde nos os labregos estamos.
Non podemos parar na lameira do desánimo, temos necesidades de encher coas nosas produccions a cesta da compra de moitos cidadans , a imaxe dos nosos productos é un valor intanxíbel que ben saben aproveitar cando conven, no sector do viño xa non asombra as repetidas gabanzas de críticos a nível mundial sobre a calidade dos caldos das nosas ribeiras. Como diciamos non escoitemos ás sereas do desánimo recurrente, repetimos, hai unha imaxe do producto que ainda existe, hai unha experiencia cooperativa de base que mellora a nosa organización, agora temos un tecido urban mellor comunicado onde podemos e debemos servir mais producto, lóxicamente coa debida presencia e calidade, todo esta na nosa capacidade de organizarnos social e economicamente. Como no viño eramos pouca cousa só tiñamos o camiño da calidade e xa levamos alguns pasos na internacionalización do sector, e temos pendentes a tarefa de recuperación do pan artesán coa nosa fariña de trigo pais, a transformación da pataca da Limia, o relanzamento das comarcas de horta de sempre como no Rosal, a recuperación da fruticultura galega…moitas cousas
Tamén é certo que a crise vai acabar con moita loubanza áo individualismo, que se decía era unha condición social necesaria para modernzar o campo. Este ideal indiviualista ten outra cara non tan ideal como foi o aumento das débedas aos bancos e o despilfarro de recursos, así se entende as miles de terras abandonadas e que non queden mozos/as no campo. Hai que acabar co estado de anarquía organizativa que precisamente alimentou este individualismo, sobre bases sustentables debemos producir organizadamente así como procesar e vender organizadamente, temos o exemplo do Xapón na que os seus agricultores conseguen vender directamente mais do 30% da sua producción mesmo en grandes superficies propias.
Uns dos propósitos desta Federación debería ser o apoio a iniciativas formativas e económicas que permitan dun xeito práctico aproveitar os profundos cambios que operan na sociedade así como as Tecnoloxias de Información e Coñecemento TICs, a internet, para crear novas situacions de mercado que ata agora non tiñamos, onde se vexa e perciba o noso producto e polo tanto poida ser adquirido en situación ventaxosa, non hai desenvolvemento rural sen organización nos mercados.
Traballo e organización teñen mais que nunca encher a noso horizonte, como ven se viu no viño somos e podemos sermos capazes de colocar producto de primeira en calquer lugar do mundo, comenzando polos nosos cidadans. En tempos de crise debemos demandar que por parte da nosas Administracions igualdade de trato frente outros sectores, non queremos esmolas, se non asistencia e financiamento dos proxectos organizados nos sectores agrícolas.
Nun consumo mais urbanizado urxe a debida preparación asociativa e cooperativa que permita reducir segmentos de intermediación e aumente a noso poder de negociación, iso sí con regras transparentes para todos, para iso demandamos ofuncionamento efectivo das mesas sectoriais e interprofesionais que a anterior Consellería de Medio Rural puxo en marcha. Non debemos ficar pasivos que sabendo do aumento da demanda alimenaria teñamos cíclicamente caidas de prezos como ben saben na Limia coa pataca. As crises estan deseñadas por capitais especulativos e principalmente pola desregulación dos mercados que moitos governos permiten. Ten que haber mais normas e regras para todos/as, no agro tamén.
Debemos seguir firmes en continuar coa reforma das estructuras do pais, hai que crear polígonos exclusivos agrarios que aproveiten as terras aparceladas e o Banco de Terras de Galiza, é unha obriga ética para os nosos governos preservar a capacidade productiva da terra lavrable, na que se debe penalizar os aproveitamentos forestais e o abandono especulativo. A quebra do modelo productivo baseado no cemento e tixolo non pode seguir cegando mais sobre a realidade da nosa mais preciada industria e que non pode ser deslocada xamais.
Non deixar de lado as posibilidades de transformación na escala industrial ou artesanal que cubran todos os nichos. Reducir dependencia e custes favorece a sostenibiidade ….coñecer, experimentar e demandar da Admistración as innovacions tecnolóxicas axeitadas á nosa realidade…baixar o uso de insumos externos, pechar ciclos económicos e proxectar a calidade nutritiva dos alimentos que elaboramos….son moitas cousas, certo, desta Federación Rural Galega que comenza esperamos poder verquer os necesarios esforzos colectivos para que o que hoxe se fala teña unha expresión práctica do futuro que é maña e pasado, maos a obra.