Grande éxito de participación nas Xornadas arredor da Agroecoloxia celebradas na Poboa do Caramiñal

Tiñan por obxectivo apresentar un ambicioso plano deseñado para fomentar o autoemprego coletivo e unha outra forma de vida, digna e sustentábel, ao redor da produción de alimentos e formulas alternativas de consumo e comercialización.

O proxecto, iniciativa da Concellalia de Desenvolvimento local e Asuntos Sociais, está a ser desenvolvido pola FRUGA

A Poboa, 22 de dezembro de 2021.- Entre os doas 17 e 18 decembro desenvolvéronse na Poboaas Xornadas formativas que baixo o título “Agroecoloxia, autoemprego colectivo para unha vida digna e sustentábel”, pretenden ser o ponto de partida para un proxecto de grande calado social, partindo da necesidade de criar desde a acción local alternativas cara à sustentabilidade ambiental e à transformación social dos sistemas agroalimentarios.

Duas xornadas para “aterrar” na Poboa

Na mañá do venres, a Equipa de Dinamización Agroecolóxicaorganizada pola FRUGA, e os distintos axentes municipais implicados (desenvolvimento local, educación familiar, traballo social e orientación laboral), asi como coa Concelleira de Desenvolvimento Local e Asuntos Sociais mantiveron unha reunión de traballo co obxectivo de, por unha banda, coñecer de primeira mao o traballo desenvolvido por estos axentes e pola outra, as suas espectativas a respeito da proposta aportada pola FRUGA logo da exposición do proxecto.

Na tarde do venres desenvolveuse a primeria xornada aberta, na que participaron ao redor da treintena de persoas. Mediante distintas dinámicas de grupo, reflexionouse sobre o conceito de agroecoloxia ou as distintas espectativas laborais e vitais das participantes.

Unha visita a unha horta tradicional barbanzá e unha primeira aproximación a un espazo no que desenvolver a parte produtiva do proxeto supoxeron o primeiro contacto coa terra na mañá do sabado. O obxectivo da xornada buscaba a partes iguais amosar un proxecto familiar tradicional en funcionamento resultado de anos de coñecemento e interpretacion no medio, para logo dar as primeiras chaves de como situar e interpretar sobre o terreo para logo desenvolver un proxecto partindo de cero. Xa na tarde e no marco do Auditorio Municipal debullouse polo miudo o proxecto en si: canles curtas de comercialización, comercio local, economia social, cooperativismo, horizontalidade e participación colectiva como bimbios cara à inserción sociolaboral e consolidación de un proxecto produtivo colectivo, ademais de dar unha visión global do que é a agroecoloxia, as suas dimensions e a imperiosa necesidade de mudar o sistema agroalimentario para a supervivencia do planeta e con el da humanidade.

Horizonte de ilusión

A modo de conclusión, destacar deste primeiro asalto ao proxecto a implicación e complicidade da administración local, nomeadamente a Concellalia de Desenvolvimento local e Asuntos Sociais, asi como a activa participación da sua responsábel Amparo Cerecedo.

A numerosa e mesmo entusiasta reposta à inicitiva, asi como o interese polo groso das participantes de continuar vencellados ao proxecto no momento da sua posta en marcha, ademais de

supor unha grande satisfación para Equipa, representa un grande reto no que necesariamente, e non poderia ser de outra maneira, tentarase implicar a coletivos da comarca que xá están a traballar nesta liña e que son exemplo a dia de hoxe de que outros modelos produtivos, de consumo e mesmo vitais son posibeis na nosa sociedade.