A Alianza Rural Galega reclama ao Consello Xeral do Poder Xudicial que inste ao T.S.X.G. a anular o traslado de xuíces do Contencioso por vulnerar os dereitos colectivos.

  • O traslado de xuíces e xuízas da Sección Terceira do Contencioso do TSXG vulnera o dereito das entidades recorrentes ao xuíz/xuíza predeterminado/a por Lei, e a doutrina do Tribunal Europeo en caso de que fose “forzoso”.
  • Un recente cambio “pola porta de atrás” das competencias da Sala do Contencioso do TSXG redunda no deterioro da imaxe pública e de imparcialidade do tribunal galego.
  • A Alianza Rural insta tamén á presidencia do TSXG a que inaplique a resolución do 12 de marzo pola que se dispón a modificación da composición da maxistratura da Sección Terceira.

Galiza, martes, 7 de abril de 2026.- A Alianza por un Rural Galego Vivo, conformada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), a Federación Rural Galega (FRUGA) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), vén de requirir á presidencia do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) que adopte as medidas que en dereito procedan para instar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza a anular o traslado de maxistrados e maxistradas da Sección Terceira da Sala do Contencioso por vulnerar os dereitos das entidades recorrentes que defenden dereitos colectivos e que teñen litixios en curso en dita Sección.

Ler mais

CRISE DE PREZOS no leite galego: Se Galiza produce, somo a primeira potencia produtora do Estado español, Galiza ten de decidir.

FRUGA reclama-lle a Consellería do Medio Rural que convoque a Mesa do leite de Galiza.

Sarria, 18 de marzo de 2026. Nestes últimos días as explotacións leiteiras galegas estamos a recibir os novos contratos lácteos, que marcaran os prezos nos próximos meses. A maior parte dos contratos rematan a dia 31 de Marzo. Os novos contratos veñen cunhas condicións totalmente contraproducentes para as ganderías galegas.

Ler mais

O venres 13 de marzo tivo lugar a presentación da Plataforma Rural Galega – Foro do Sector Primaraio

Manifesto en contra da aplicación do tratado UE – MERCOSUR

A aplicación do acordo UE-MERCOSUR entraña unha gran ameaza para todo o tecido primario galego.

Os distintos sectores produtivos agropecuarios do país serán damnificados en maior ou menor medida pola implantación das diferentes cláusulas de liberalización arancelaria contempladas no acordo marco entre a UE e Arxentina, Brasil, Uruguai e Paraguai.

Ler mais

A Asociación Galega de Viticultura (AGV) apela á planificación da D.O. Rias Baixas e advirte dos riscos de ignorar a realidade do sector.

Non por producir mais se vai vender mais nen mellor”

Pontevedra, 10 de marzo de 2026.

Ante as recentes informacións sobre a posible conxelación das producións de uva na Denominación de Orixe Rías Baixas e a inquedanza que se xerou no sector, a AGV-FRUGA subliña a necesidade de basear as decisións na análise e nas estratexias a medio e longo prazo, evitando que o inmediato comprometa o futuro da Denominación de Orixe.

Ler mais

A solicitude da PAC 2026 trae sorpresas negativas para as persoas solicitantes. A obrigatoriedade de declarar o NIF da persoa titular das parcelas declaradas con mais de 1 hectárea.

Unha mostra mais de como a lexislación que se fai en Madrid e Bruxelas se fai de costas e descoñecendo a realidade da Galiza.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2026. Desde o 1 de febreiro está aberto, oficialmente, o prazo para poder presentar candidaturas para se poder beneficiar das axudas da PAC 2026. Mas este ano ven cunha grande sorpresa negativa para todas as persoas solicitantes, aquí na Galiza.

Ler mais