En Pontevedra, a 8 de Maio de 2024.
A FRUGA-AGV e a área de Medio Rural da Deputación de Lugo veñen colaborando dende o 2023 para a promoción e divulgacións dos viños da IXP Terras do Navia. Dentro desta convenio, nos meses de maio e xullo celebrarase unha serie de eventos promocionais desta IXP, que se oficializou en febreiro de 2023.
O primeiro deses eventos será o vindeiro venres 10 de maio, na sala de exposicións da Deputación de Lugo, que consistirá nunha charla-coloquio aberta e contará coa presenza de Isabel Lozano, de EnVinissi; Maira Ratón, técnica en elaboración de viños, e Francisco Sanromán, da Adega Sidrón, de Negueira de Muñiz. Ao rematar, haberá unha degustación dos viños da IXP.