Lugo 19 de Setembro de 2013.- Cando se cumple catro meses dende que se presentaran o concurso de acreedores e descartadas tódalas posibilidades de superala crise de liquidez, Alimentos Lácteos entrou na fase de liquidación. Vense a confirmar o que Fruga ven denunciando dende fai anos; o proxecto de AALL obedecía a intereses partidistas do PP e non a criterios empresariais.
No ano 2009 un grupo de 23 cooperativas aspiraba a facerse coa planta de Pascual en Outeiro de Rei, algunha delas con importante experiencia no sector transformador, co fin de por en marcha o tan ansiado grupo lácteo galego. Cando todo parecía indicar que a operación se ía materializar, a Xunta de Galicia vetaba esta operación, e pola contra facianse coa planta un grupo de cooperativas lideradas pola Arzuana e Gancobre, presididas ambas por cargos institucionales do partido popular, Eugenio Montero teniente alcalde en touro, e Arcadio López alcalde da Pastoriza. Nesta operación tivo un papel importante Romay Becaria, sustituto de Bárcenas ao fronte da tesourería do Partido Popular.
As débedas de Alimentos Lácteos ascenden a 20,7 millos de euros, dos cales 5,6 millos de euros coas cooperativas que forman parte da sociedade en proceso de liquidación, destacando a Arzuana con 2,3 millós de euros e Gancobre con 808.604 euros. Este grupo de 11 cooperativas que actualmente forma parte de AALL, está a sufrir unha importante crise de liquidez derivada destes impagos, algunhas destas cooperativas non descartan entrar en concurso de acreedores, co cal podemos pasar a unha reacción en cadea. Igualmente preto de 1000 gandeiros e gandeiras están a sufrir as consecuencias desta quebra, e soportan débedas cuantiosas.
Nestes dias aparecen noticias nas cales se fala de demandas presentandas contra Eugenio Montero e Arcadio López, por percibir 236400 euros de salarios da empresa, cando realmente estas retribucións somentes poderían ser percibidas se Alimentos Lácteos obtivera beneficios, e AALL en ningún momento obtivo beneficios a pesares de recibir un total de 9 millós de euros de fondos públicos.
As declaracións realizadas no dia de onte polo actual delegado do goberno e exconsellerio, Samuel Juarez,a parte de contradictoiras semella ser a mentira mais grande que se ten contado sobre o caso de Alimentos Lácteos. Representantes de cooperativas saben que esta empresa foi formada de xeito sectario, e como di o exconselleiro con “manu militari”. Esiximoslle o exconselleiro que faga públicas tódalas reunións que tivo, e que diga con que persoas se xuntou nos dias previos a toma de decisión.
Dende Fruga esiximos que se investigue o paradeiro dunha cantidade ten extraordinaria de millós de euros aportados pola xunta, concretamente 9 millós, a subvención mais cuantiosa que ten percibido o sector lácteo na súa historia, e tomamos as palabras do presidente da Xunta nas cales di que o seu goberno estudiara as responsabilidades que poden derivarse da actuación dos dous cargos institucionales do partido popular que están ao fronte desta sociedade, como consecuencia de cobrar salarios de forma presuntamente indebida.
Igualmente esiximos que se depuren as responsabilidades políticas e penales se as houbera, e a devolución inmediata dos cartos investidos nesta empresa, non poden ser os acreedores os que paguen os pratos rotos dunha xestión política que xa naceu con total oscurantismo.