Compostela, 30 de agosto de 2013.- A Asociación Galega de Viticultura- FRUGA presenta unha Xornada de Análise e Debate sobre os Viños do Barbanza-Iria e que forma parte dun ciclo que durante o mes de agosto e que ten tamén lugar en Chantada, Monterrei e Vilmartín de Valdeorras. Estas Xornadas abordarán as produccións de calidade diferenciada como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que os ciclos económicos impoñen, e centrandose na bisbarra arousán da IXP de Barbanza-Iria. A tradición vitícola francesa ten estendido o concepto de terroir, referido a un espazo de aptitude vitícola que xera un potencial de viños direnciado en base a unha dimensión física (xeoloxía, orientación e clima) e unha dimensión cultural (castes, prácticas e tradicións de cultivo). Esta diferenciación da un significado intanxible ás botellas de viño que viaxan polo mundo adiante como potente vector cultural dun territorio ou bisbarra, da súa identidade histórica e cultural, da súa economía, e do seu atractivo turístico.
Nos tempos actuais onde a palabra competencia perde sentido, e ao revés, toma forza a idea de cooperación e sinerxia, os produtos teñen unha proposta comercial e estética nas súas etiquetas, nas presentacións dixitais, nas exposicións e feiras….mais tamén encarnan o sentido da súa orixe, das pedras, do noso patrimonio milenario, das historias das súas xentes. A Indicación Xeográfica Protexida dos Viños da Terra do Barbanza-Iria, teñen realizado unha andaina desde o ano 2006, con adegas e marcas postas no mercado, mais o futuro presenta retos importantes como a posta en marcha de novas empresas, a reconversión varietal, e unha maior proxección da zona cara o coñecemento dos consumidores e visitantes de acá e aló. Disto tentaremos falar e debatir na Pobra do Caramiñal, achégate..
Os viños do Barbanza-Iria
Sábado 31 de agosto
Lugar:
Tenda Escola Deán
3 mesas de análise e debate:
18:30 Historia e Cultura dos Viños do Barbanza-Iria e bisbarra de Arousa
Xavier Castro. Profesor da Universidade de Santiago de Compostela
19:15 O coñecemento das castes atlánticas no Barbanza-Iria
Francisco Rego. Area de Viticultura da Estacion de Viticultura e Enolxía de Galicia EVEGA
20:00 Mesa-coloquio: Presente e Futuro da IXP Barbanza-Iria
Modera: Xosé Manuel González Vilas(Asociación Galega de Viticultura)
Francisco Crusat. Adega Entre Os Ríos da Pobra do Caramiñal
Antón Saborido. Adega Xirpín de Boiro
Francisco Tarrío. Adega Anselmo Tarrío de Padrón
Loli Lobato. Asociación de Viticultores “Ribeira de Arousa”
20:30 Seguindo cunha copa de viño e un queixo na man