Xornadas Rurais na Eira da Xoana: o rural galego pide xente!

    Desenvolveranse en Ramil (Agolada), os dias 22 e 23 de febreiro

Promovidos pola FRUGA e ADEGA, pretenden ser un ponto de partida para criar un foro permanente de debate e encontro dos novos proxectos que xurden no rural galego, que faga visíbel a existencia de xente moza no noso agro e a súa necesaria consideración para un rural galego con futuro

Compostela, 10 de febreiro de 2013.- A cada momento son mais os lugares que fican avandonados. Casas e leiras son pasto das silveiras e o noso rural empobrécese ao mesmo tempo que a povoación avellenta e finalmente desaparece. Mais esta situación non é casual. A agricultura e a gandeiria sufriron o embate das políticas ditadas pola Unión Europea e o grande capital, que lonxe de buscar dinamizar e facer do medio rural unha opción para os mozos e mozas, rurais ou non, no que desenvolver a sua atividade e as suas vidas, deseñaron todo un plano de destrucción e desmantelamento que nos leva à dificil situación actual.

Primeiro dixeron que tiñamos que ser mais “modern@s” e “profisionais” para competir en Europa e neste novo mundo globalizado. Que ademais tiñamos que ser mais grandes, que as pequenas explotacións que secularmente alimentaron este país e que foron graneiro e despensa de nacións veciñas e mesmo de ultramar non tiñan futuro. Dixeron que ademais tiñamos que ser menos, e que os primeiros en desaparecer eran eses “pequenos” que ainda sobrevivian e que eran unha distorsión no novo modelo de “modernidade” que nos traia os ventos que sopraban desde Bruxelas, e o campo poria a tod@s ric@s, e os fillos e fillas dos labregos poderian estudar unha carreira e fuxir das miserias do campo…

No nome da profisionalización as explotacións convertéronse en monofuncionais. Instalaronse os novos modelos produtivos, de grandes establos e de animais presos encerrados entre muros de formigón. Despreciouse a capacidade produtiva da nosa horta e noutros setores, como o viñedo, deuse paso à entrada de capital especulativo e a modelos tipo “Falcon Crest” que nada teñen a ver coa nosa realidade.

Mais a crise do modelo económico que nos azouga está a pór en cuestión ese “fantástico” deseño do noso rural: as explotacións que se fixeron dependentes de insumos alleos à explotación e sobre todo das axudas europeas ven que esas agora non chegan. A dramática redución de explotacións fai que os e as poucos que quedan teñan unha escasa cando non nula capacidade de presión e nogociación á hora de definir o prezo das suas producións, e a Adminitración, na sua promesa de “austeridade”, desmantela os poucos e moitas veces precarios servizos que tiñamos no medio rural.

Mais ao mesmo tempo xente nova chega ao noso rural. Uns/unhas empeñanse en quitar adiante as explotacións familiares, con novas ideas e novos proxectos. Outros/as acheganse por primeira vez ao campo desenvolvendo novas atividades ou recuperando vellos oficios con novos folgos e moita imaxinación. Distintos proxectos, distintas visións, mais unha reflexión coincidente: o noso agro ten futuro.

Este é o motivo destas Xornadas: coñezámonos, compartamos as nosas experiencias, os nosos erros e os nosos acertos, as nosas ilusións e e os nosos medos, reflexionemos sobre o noso futuro, desde os proxetos persoais aos comunais, desde a multifuncionalidade, a ecoloxia, o respeito polo medio e co ollar posto na nosa soberania alimentar. Cremos que o noso rural ten futuro, mais teremos que escribilo entre todos e todas nós, e non deixar, outra vez, que sexan outros quen o fagan.

 Este será o programa das Xornadas:

Sábado 22:

 

 

10:00 recepción d@s participantes.

 

10:30 primeira mesa de debate: “O rural galego: un rural en feminino”

 

12:30 segunda mesa de debate: Proxectos comunitários no rural.

 

14:15 Xantar.

 

16:30 tercerira mesa de debate: Proxectos singulares no rural.

 

19:30 Foliada na Eira e petiscos.

 

 

Domingo 23

 

11:00 visita a Ramil: oportunidade de estabelecemento de actividades agrárias coa colaboración d@s veciñ@s.

 

11:00 espazo técnico: compostaxe.

 

12:30 software libre: un rural en/na rede.

 

14:00 encerramento das xornadas.

 

 

Cada mesa irá introducida por un par de experiencias, que iremos apresentando através da páxina web nos dias prévios.

 

Programa completo e máis información na páxina xornadasrurais.wordpress.com

 

Inscripcións no correo xornadasrurais@inventati.org, data límite: 19 de febreiro

 

Tamén podes contactar a través do telefone 608.756582

 

Custe de inscripción: 5 €

 

Podedes pasar a noite na Eira, (recomendase vir provist@s de saco).

 

Podes consultar na páxina web outras opcions de aloxamento na contorna.