A FRUGA solicita unha reunión cos grupos políticos, que se presentan as eleccións galegas eque contan con grupo parlamentar, para lle presentar a súa análise e propostas.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024. No dia de onte a Federación Rural Galega – FRUGA dirixiu-se aos grupos políticos galegos que se presentan as eleccións galega e que neste momento dispoñen de grupo parlamentar no Parlamento galego (PP, BNG e PSOE).
As razóns que nos levaran a tomar esta decisión veñen xustificados porque nestes últimos días, case se pode dicir semanas, as sociedades dos Estados-membros da UE (desde Alemaña a Itália, pasando por Polonia, Romanía, Bélxica ou Países Baixos e Portugal), estamos asistindo a numerosas mobilizacións protagonizadas pelo sector agropecuario.
As causas que deran e dan lugar a este movemento mobilizador teñen a sua orixe na aplicación das normativas xurdidas ao acubillo da Política Agraria Común (PAC), mas non soamente teñen a súa orixe na última normativa, senón que estes asentan na propia filosofía, que rexe desde o ano 1992, da PAC.
Outras cuestións que é necesario abordar son: a necesidade de estabelecer mecanismos efectivos que veñan impedir que o sector produtor agropecuario cobre pelas súas producións por baixo dos custes efectivos e obxectivos de produción, tal como determina a Lei da Cadea Alimentar; ou o apoio a agricultura ecolóxica e a economía de proximidade; enfrontar os problemas causados pela fauna silvestre ou a necesidade de impulsar un ámbito de interlocución galego que permita chegar a acordos entre as partes intervenientes na cadea de valor do sector agropecuario, son todo eles asuntos de grande interese para o sector.
Por todos estes motivos é do noso interese facer-lles chegar aos grupos políticos galegos presentes até o de agora no Parlamento galego as nosas análises e propostas a respeito da orixe e alternativas para lle procurar solucións a esta situación.
Estando a poucos días de que se celebren na Galiza eleccións ao seu Parlamento, desde a Federación Rural Galega – FRUGA acreditamos que as causas que deran lugar a estas mobilizacións tamén afectan a sociedade galega, motivo pelo que FRUGA manifesta o seu interese em manter uma reunión com cada un dos grupos políticos, em tanto que grupo que se presenta a estas eleccións e que ademais contan com grupo propio no Parlamento Galego, para lles facer entrega do documento que elaboramos, no que consta a análise e as propostas que consideramos necesarias e posíbeis para lle facer fronte a actual crise que atravesamos.