O Presidente da AGV participou na cata da VIII Mostra do viño de Vilaboa

A Asociación Galega de Viticultura felicita ás persoas viticultoras e adegueiras do Morrazo polo gran éxito dos primeiros pasos da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo.


O presidente da AGV, Roberto Rivas Reboredo, participou na cata da VIII Mostra do Viño de Vilaboa, un evento clave e consolidado na promoción do viño da IXP Ribeiras do Morrazo.

Ribeiras do Morrazo está nun momento clave para o seu desenvolvemento, pois estes primeiros anos son fundamentais para crear unha dinámica positiva que permita que cada vez máis persoas se animen a sacar adiante proxectos vitícolas arredor desta figura de protección que supón a IXP, e eventos destas características supoñen un importante escaparate o viños que xa elaboran ao amparo de Ribeiras do Morrazo.

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Charla en Meis sobre a proposta da reforma da OCM

A Asociación Galega de Viticultura, en colaboración coa Asociación Cultural Xaramelo, realizou na Feira de troco de sementes, no concello de Meis, unha charla para explicar a reforma que Organización Común do Mercado (OCM) quere aplicar ao sector do viño e como esta reforma afectaría gravemente á viticultura galega. No acto participaron Roberto Rivas e … Ler máisCharla en Meis sobre a proposta da reforma da OCM

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

A Asociación Galega de Viticultura alerta de que o Estado español deixou sen gastar case un 14% do fondos de apoio ao sector vitivinícola

A Asociación Galega de Viticultura (Fruga) lamenta que o Goberno español deixe sen executar un 14% dos fondos que ten asignados dentro dos Programas de Apoio Nacionais ao sector vitivinícola. Outros grandes produtores de viño do entorno, como Italia, que deixou sen executar soamente o 8% deses fondos ou Francia, que executou a totalidade dese diñeiro, poñen de manifesto a ineficacia do modelo de xestión español e o desinterese polo desenvolvemento do sector tanto  nivel estatal como na Galiza.

O Estado español só executou 63 millóns de euros para a reestruturación do viñedo, a pesar de ser unha das maiores demandas do sector. Por contra, para a reestruturación Italia dedicou 114 millóns de euros e Francia 107 M€. No apartado de inversións a situación non é mellor, xa que mentres que Francia e Italia executaron 100 e 67 millóns de euros respectivamente, o Estado español executou soamente 39, deixando un 30% do reservado nesa partida sen inverter.

A Asociación Galega de Viticultura rexeita a xestión feita polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, e da propia Consellería do Medio Rural, por deixar de lado o sector vitícola e advírtelle aos responsábeis de ambas as dúas administracións que para Galiza potenciar o sector do viño é fundamental para o desenvolvemento da nosa economía e para frear o despoboamento rural.

Así mesmo, a Asociación Galega de Viticultura espera que no seguinte período, 2019-2023, esta situación non se repita e que as Administracións melloren os mecanismos para unha mellor xestión dos fondos destinados ao sector.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Programa formativo “PROFESIONALIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DA VITICULTURA NA IXP RIBEIRAS DO MORRAZO”

Desde este venres 1 de marzo están abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo “PROFESIONALIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DA VITICULTURA NA IXP RIBEIRAS DO MORRAZO (2019)” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo entre os meses de marzo a xuño deste ano.

Os cursos contemplados no plan formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.

Os cursos, que terán unha duración de 71 horas lectivas, inclúen visitas temáticas de traballo e serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativos e de traballo en grupo.

Inscrición gratuíta no telefono de contacto 986 108 144 ou a través do correo electrónico administracion@gdrpontevedramorrazo.eu

+info: www.gdrpontevedramorrazo.eu

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter