Logo de reunirse coa distribución, ésta continua ofertando “leite” por baixo dos 40 Céntimos.
Unha das marcas ofertadas a baixo prezo é o produto estrela das cooperativas organizadas polo PP para facerse coa pranta de Outeiro de Rei.
Compostela, 16 de setembro de 2010.- Para a FRUGA visitar os andeis de lácteos dos supermercados operantes na Galiza é unha confirmación do fracaso de Juarez non xá na xestión da crise do sector lácteo galego, senon do modelo empresarial auspiciado por el para facerse cargo da pranta de Pascual en Outeiro de Rei. Asi, apenas 24 horas despois de reunirse coa distribución alimentar operante na Galiza para solicitarlles o seu compromiso para non utilizar o leite como reclamo comercial, e priorizar as relacións comerciais con aquelas empresas que xeneren certa estabilidade no sector coa asinatura de contratos co setor produtor, topamos ofertas de leite por baixo dos 40 Céntimos: concretamente, a 39 céntimos, do produto “Deleite”. É cando menos irónico que sexa unha empresa de base cooperativa galega a que se comporte coa mesma agresividade que as grandes multinacionais foráneas no mercado do leite galego, xá que para ofertar leite a eses prezos, unha de duas, ou moi pouco se está a pagar ao produtor/a, ou se está incorrendo en práticas comerciais perniciosas (dummping) manifestamente denunciábeis, sobre todo sabendo o papel xogado pola Conselleria encabezada por Juarez para facerse coa xestión da pranta envasadora do centro de Lugo.
Non sabemos se este tipo de comportamentos contribuirán a aumentar a “irritación” do Conselleiro, ou se, póla contra, xá fixo provisión abonda de anti-histamínicos para superar as suas crises.
A oferta faciase en supermercados na área de influencia de FEIRACO.
Concretamente, a oferta foi localizada en establecementos comerciais de Bertamirans e Negreira, pertencentes ás cadeas EROSKI e GADIS. Segundo poido averiguar a FRUGA, e no caso do supermercado EROSKI de Bertamiráns, tratábase dunha oferta programada para esta semana en curso, sendo finalmente suspendida onte mércores à tarde, logo da alerta desatada entre os numerosos e numerosas clientes, que mesmo tomaron esta oferta como unha probocación, toda vez que estas localidades están na zona onde residia a outra opción que competia póla xestión da pranta transferida por PASCUAL.
FRUGA reclama compromisos reais.
Perante a incapacidade demostrada por esta Conselleria ate o de agora para enfrontar a crise na que se atopa o sector produtor de leite na Galiza, a Federación Rural Galega reclama a asunción por parte do Conselleiro das súas responsabilidades políticas e a sua posta ao frente na defensa do sector, mais aló das xa recorrentes e habituais declaracións de intencións, valeiras de contidos, coas que nos “deleita” dia si dia tamén. O contrário seria a constatación da sua incapacidade para ocupar o posto que ocupa: debe pasar xá de observador a actor nunha cuestión na que o agro galego, non só o leite, se está a xogar o seu futuro.