Amosa a sua insensibilidade e desprezo cara modelos productivos máis sustentables, que favorezan o mantemento do sector agrogandeiro galego.
Lalín, 28 de xaneiro de 2010.- Esta liña de axudas estabeleceuse por unha orde da Consellaria do Medio Rural publicada en Febreiro de 2008, co obxetivo de fomentar en todas as orientacións produtivas agrarias modelos sustentables dende o punto de vista ambiental e social, a través do contrato de explotación sustentable (CES) que se configurou como un instrumento que, dende a perspectiva global da explotación, favorecese o desenvolvemento de sistemas de produción sustentables en termos económicos e ambientais, mellorase a xestión do territorio rural, e potenciase a produción de alimentos sans e de calidade e contribuira a fixar poboación no rural.
Estas axudas foron solicitadas por un importante número de explotacións durante os anos 2008, 2009 e 2.010. Pois ben, na orde de convocatoria deste ano, publicada o 11 de Xaneiro de 2.011 só se recolle a posibilidade de que as explotacións que teñan expedientes de axuda aprobados nos anos 2.008, 2.009 e 2.010 renoven os seus compromisos, non dando a opción a que outras explotacións poidan solicitar estas axudas ou que as explotacións que xa teñen a axuda concedida amplien os seus compromisos. É tamén importante suliñar que os solicitantes do ano 2.009 e 2.010 non recibiron as cartas de resolución deses dous anos, pero si que tiveron que cumprir cos compromisos entre os que se atopan pertencer a unha entidade de aconsellamento e xestión, o que supón un gasto bianual de arredor de 3.000 euros.
Resposta da FRUGA.
Dende FRUGA non se entende cómo unhas axudas enfocadas a primar económicamente ás explotacións que decidan dirixir o seu modelo productivo cara sistemas máis sustentables dende o punto de vista económico e do medio ambiente, reducindo custos en piensos e fertilizantes, e primando os aproveitamentos forraxeiros como base da
alimentación dos animais, non reciben o apoio preciso por parte da Consellería do Medio Rural. No contexto actual no que nos atopamos, co prezo dos cereais e dos combustibles á alza, consideramos que favorecer modelos productivos como os que promove o CES é fundamental para o mantemento da viabilidade económica de moitas explotacións galegas, e ainda mais tendo en conta que o 57,56% destas axudas son financiadas por fondos comunitarios, e o 42,44% restante son completados con fondos da Xunta e do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño.
Incidir tamén no agravante que resulta esta decisión para os mozos e mozas que decidiron incorporarse o ano pasado á actividade agraria ou que teñen pensado facelo, e que non van a poder acceder a esta axuda, polo que consideramos que as últimas decisión tomadas con respecto ao CES son totalmente negativas para o futuro do sector agrogandeiro galego.