As catro organizacións apresentaran xá as correspondentes alegacións a unha lei que afonda na forestación da Galiza con espécies pirófitas.
Lugo, 20 de outubro de 2011.- Nesta nova presentación pública do noso rexeitamento à política forestal que se pretende facer desde o Partido Popular fixo-se especial fincapé nas corenta e tres importantes modificacións na la Lei de Prevención de Incendios Forestais de Galiza, destinadas a favorecer a forestación irracional do territorio.
Asi, desde as catro organizacións solicita-se a apertura dun proceso participativo e aberto à sociedade e que desemboque na redacción do texto definitivo da lei.
Xurxo Álvarez, presidente da FRUGA, laiou-se de que esta lei fora pensada para as plantacións masivas de pinos e eucaliptos, aumentando ainda mais a presión sobre a superfície agrária e actividade agrogandeira, polo que dimensionar as explotaciones agropecuarias será prácticamente imposíbel, xa que terán menos posibilidades de aumentar a sua base territorial e serán ainda mais dependentes dos insumos alleos e os caprichos especulativos do mercado.
Álvarez destacou que a nova lei rebaixa a trinta metros a distáncia de seguridade cos núcleos de povoación e a só cuatro metros coas superficies de cultivo, precisamente cando estamos estes dias a comprobar o perigoso que resulta tanto forestar con espécies de crecimento rápido como deixar que estas cheguen às agras das casas.