Entregadas as primeiras 7000 sinaturas contra o peche da Feira de Gando de Amio

Un animado Conde Roa co mais parecido a un animal de abasto que autorizaria a aparecer por Compostela.

A Plataforma, da que fai parte FRUGA, seguirá recollendo sinaturas entre os viciños e viciñas da comarca compostelá.

O PP evita comprometerse co futuro da Feira no Pleno Municipal de Compostela a pergunta do BNG, e non cambia de opinión respecto à non continuidade da mesma.

Compostela, 12 de xaneiro de 2021.- O pasado 5 de xaneiro entregábanse no rexistro do Concello de Compostela o primeiro lote de sinaturas recollidas pola Plataforma Cidadá en Defensa do Mercado de Gando de Ámio. Apenas una semana antes, o dia 29 de decembro, a concelleira responsábel de Feras e Mercados, Reyes Leis, era interpelada polo portavoz do BNG no Concello, Rubén Cela, sobre a continuidade da Feira e o anuncio feito polo Alcalde da súa supresión.

A Plataforma continua organizando a resposta a este ataque frontal do PP con Conde Roa á cabeza contra un dos piares da economía no só xá de Compostela e a súa comarca, senón da Galiza, como son o agro e a actividade gandeira, e pode ter ben seguro que atopará nos homes e mulleres de FRUGA unha oposición ao seu intento de liquidar unha actividade que vai mais aló do estrictamente económico, xa que non só estamos a falar da feira de gando mais importante do Estado: é a própria identidade nacional, é a nosa cultura e a nosa expresión como pobo a que está en xogo e a que se pretende eliminar.