Coa veciñanza de Bergantiños, contra a mina de ouro, polo futuro da comarca

FRUGA apoiou aos colectivos veciñais que no dia de onte protestaron contra o proxecto mineiro de Corocoesto

Carballo, 8 de abril de 2013.- A Federación Rural Galega – FRUGA, quer manifestar o seu incondicional apoio às Asociacions Veciñais de Cereo e Valenza, principais actores na loita contra a instalación da mina de ouro que pretende arrasar a comarca bergantiñá no que ven a ser un novo intento de expólio das riquezas naturais e minerais do País, auspiciadas por un Partido Popular decidido a pór o territorio aos pés das grandes compañías trasnacionais.

Sen ter en conta o povo, destruindo capacidade produtiva

Precisamente son os vecinos e veciñas das parroquias citadas quen estar a nuclear a resposta popular a un proxecto mineiro colonial e devastador do territorio, que coa escusa duns poucos (ainda menos que os que anuncia a empresa) postos de traballo porá en xaque toda actividade agraria e gandeira en quilómetros à redonda, envelenará as augas, e provocará o desprazamento da povoación a golpe de voladuras e choivas contaminantes.

 

O Manifesto da Alianza Rural Galega, chave para artellar unha resposta galega, popular e contundente

Desde a FRUGA animamos ao conxunto da povoación a participar das mobilizacións populares que, como a deste domingo, pretenden visibilizar a oposición a este proxecto que outravolta amosa o desprezo do Partido Popular à viciñanza do seu propio País e o seu submetimento aos ditados do capital, asumindo a defensa pública e sen reparos do que pode ser, se non o evitamos entre todos/as, a sentenza de morte dunha comarca agraria e gandeira por excelencia, con potencialidades ainda por desenvolver.

Asi a FRUGA, membro da Alianza Rural Galega, xunto à CIG, ADEGA e a ORGACCMM, porá en breve a disposición das Asociacións Veciñais  da comarca o Manifesto contra a minería contaminante que pretende ser o ponto de encontró e de partida para unha resposta nacional e masiva a esta agresión que escapa do estrictamente comarcal xa que son varios os proxectos mineiros destas características os que están a agromar polo noso territorio adiante, despertando as iras veciñais por sermos nós os donos do noso territorio, as súas riquezas e, xaquelogo, os únicos e únicas que deberamos decidir sobre a explotación deses recursos.