As IX Xornadas Agrarias desenvolveranse na Póboa de Brollón os días 29 e 30 de Marzo

No 2010 FRUGA collía o relevo na celebración destes encontros que vian a luz na na Faculdade de Económicas da USC aló polo ano 1983

Compostela, 17 de marzo de 2014.- O despoboamento rural é unha consecuencia provocada se se dan unhas condicións determinadas, Pero non é unha consecuencia natural e inevitable. Baixo esta premisa, desde a  Federación Rural Galega-FRUGA queremos convidarte ás Xornadas Agraias: O ABANDONO DOS SERVIZOS SOCIAIS NO RURAL GALEGO que se celebrarán na Pobra de Brollón os días 29 e 30 de Marzo.

 

Unhas xornadas que terán o seguinte programa provisional (suxeito a posibles cambios):

 

 

SÁBADO DÍA 29:

 

  • 11:00.- Presentación. Xurxo Álvarez, Presidente de FRUGA e Xosé Lois Maceda, Alcalde de Pobra de Brollón
  • 11:30.- Servizos Sociais no rural Galego. Dependentes. Grandes dependentes. Medios e custos. Raquel López Doce,                    Traballadora social en Pontecesures.
  • As responsabilidades das Administracións Públicas.
  • 12:30- Debate.
  • 14:30.- Xantar.
  • 17:00.- Proxección audiovisual sobre a futuro das persoas no rural galego.
  • 17:45.- Unha experiencia singular de servizos sociais na Montaña de Lugo. María Xosé Bardasco
  • 18:00.- Mesa redonda.
  • 20:00.- Actividade recreativo-cultural.

 

 

 

DOMINGO DÍA 30

 

  • 11:00.- Experiencia dos Servizos Sociais da Pobra de Brollón. Laura Estrada Pérez, Responsábel Técnica dos Servizos Sociais na Pobra de Brollón
  • 12:30.- Visita aos núcleos etnográficos de Parada de Montes e Adegas de Vilachá de Salvador.

 

 

 

NOTA: A asistencia ás xornadas é  gratuíta, pero agradécese confirmar a asistencia para facilitar

 

a súa organización. ao correo: lugo@fruga-galiza.org ou no teléfono 982 815 678.

 

 

XANTAR: Do mesmo xeito, haberá un xantar opcional na Parrillada O Fogón, Cereixa, a un prezo aproximado de 12 €.

 

Para iso é preciso avisar antes do día 25 no teléfono da biblioteca do Concello da Pobra de Brollón 

 

no número 982 430 506 en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 e indicar se o xantar é para o sábado ou para o domingo.

 

 

ALOXAMENTO: Para durmir recomendamos as seguintes referencias:

 

  • Casa de turismo rural O Busto Saa. www.aldearuralobusto.es. Tfno. 646 958 027
  • Casa de turismo rural Salanova. Salcedo. Tfs. 982430501/982 430 202
  • Hostal As Viñas. Avda de Outeiro. Pobra de Brollón. Tfno 982 430 124