Pontevedra, 28 de abril de 2017. Diante dos graves danos provocados polas fortes xeadas destas últimas noites que poden ter como consecuencia a perda de entre un 50% e un 100% da colleita de uvas en zonas de DO como o Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras ou Monterrei, a Asociación Galega de Viticultura (AGV) quere facer público:
-
A defensa dos intereses das persoas e explotacións afectadas e a súa dispoñibilidade para colaborar na negociación e adopcións de medidas paliativas fronte as perdas que estas poden sufrir.
-
A solicitude á Consellería do Medio Rural dunha reunión, con carácter urxente, coas organizacións agrarias para a avaliación, e valoración, do territorio afectado, dos danos sufridos polas explotacións e das medidas e posibles liñas de axuda a adoptar polas Administracións para apoiar as explotacións afectadas xa que a perda de ingresos, que supoñen estes danos, poden poñer en risco a supervivencia de moitas delas ó afectar estes danos a futuro nas cepas.