Mañá, ás 11:30, e coincidindo coa proposición de investidura de Feijoo como Presidente da Xunta, a FRUGA convoca unha concentración ás portas do Parlamento para lembrarlle ao futuro Presidente que ainda ten un importante problema que resolver co sector leiteiro deste País
Compostela, 26 de novembro de 2012.- Nos últimos dias a FRUGA está a difundir a súa campaña reclamando o dereito a decirmos nós o futuro do sector leiteiro galego, perante a inoperáncia do poder central e o continuo desleixo da Xunta de Galiza no trascurso da última lexislatura nas súas responsabilidades para con un dos sectores mais dinámicos do noso rural. Fagamos que Feijoo escoite o noso e berro e teña claro desde o primeiro dia que a súa primeira protesta é a dos gandeiros e gandeiras galegas reclamando da Administración Galega que actue como tal, e defenda o futuro do noso rural, como é a súa obriga.