A Coordinadora “Eólica Así Non” chama o Pobo galego a rodear o edificio da Xunta de Galiza o Domingo 23 de abril.

A paralización dos parques eólicos é urxente para evitar danos irreparábeis

Compostela, a 22 de marzo de 2023.- Coincidindo coa data límite establecida pola normativa vixente para outorgar autorización previa aos proxectos eólicos promovidos en Galiza con declaración de impacto ambiental favorábel, a Coordinadora Eólica Así Non convoca o pobo galego a participar nunha nova mobilización masiva en Santiago de Compostela, o vindeiro 23 de abril. Esta mobilización chama aos galegos e galegas, ás plataformas de veciños e veciñas afectadas e a todo tipo de colectivos e entidades críticas co actual modelo depredador da enerxía eólica a rodear o edificio de San Caetano da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, para manifestar a súa repulsa aos 77 proxectos eólicos con declaración de impacto ambiental positiva, cuxa aprobación podería ser inminente.

Ler mais

A aplicación da nova PAC, neste ano 2023, vai supor unha forte minoración de ingresos para as explotacións galegas.

A redución pode andar, de media, sobre un 30% menos que o cobrado no ano 2022.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2023. O novo período da Política Agraria Común (PAC 2023 -2027) ven con cambios substanciais a respecto do período anterior.

Cabe destacar que este novo período vai supor un maior grao nas exixencias medioambientais para a maioría das explotacións, obrigando a que todas as leiras das explotacións de mais de 10 hectáreas teñen de cambiar de cultivo cada tres ano, ou que o 4% da superficie agrícola se destine a elementos non produtivos, coa obriga de levar un caderno dixital da explotación ou a elaboración dun plano de xestión de aplicación dos fertilizantes coa obriga de a aplicación do xurro, a partir do 1 de xaneiro de 2024, ser efectuada mediante inxectores, así como que a relación coa administración se ten de facer obrigatoriamente por vía telemática, e quen non o faga corre o risco de se ver sometido a unha sanción, o que obrigara en moitos casos a ter de contratar un servizo externo para cumprir todos estas imposicións, co risco de que moitas explotacións desistan e se vexan obrigadas a pechar.

Ler mais

Desde a FRUGA queremos denunciar os anuncios, e nalgúns casos a execución, de baixada do prezo do leite que algunhas empresas están trasladando ao sector produtor.

Propostas que incumpren a Lei da Cadea Alimentar sen que as administracións interveñan para a facer cumprir.

Sarria 3 de marzo de 2023. Nos últimos días ven-se falando dunha baixada nos prezos do leite, que de se confirmar sería efectiva a partir do mes de Marzo, de atermos-nos ás novas que están a saír con insistencia.

Algunhas industria xa baixaron os seus prezos, caso de Inleit, con baixas de 2 cts de euro no mes de Xaneiro e 4 cts no mes de Marzo. Estando a piques de vencer un gran número de contratos, aínda non temos noticia, nin se lles trasladou a moitos gandeiros unha oferta para poder renovar os seus compromisos cos distintos operadores do sector, incumprindo, neste caso, a lexislación vixente que di, que as explotacións deben ter coñecemento das ofertas oportunas cunha antelación de 2 meses.

Ler mais

A Indicación Xeográfica Protexida “Terras do Navia” conta co recoñecemento oficial e pode comezar a comercializar co selo de calidade

Lugo 17 de febreiro de 2023. A Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia xa conta con todos os recoñecementos oficiais, polo que que xa viticultores e adegas xa poden comezar a producir, elaborar e comercializar ao amparo do seu selo de calidade. Galiza suma así un novo territorio vitícola amparado por un selo de calidade aos nove xa existentes, consolidándose como unha potencia vitícola en canto a calidade e diversidade.

Ler mais