En Lugo tamén se malla

A iniciativa municipal, que contou coa colaboración da FRUGA, enmárcase dentro da iniciativa “Vellos oficios vivos”, e neste caso serviu para recuperar a memoria histórica produtiva do rural galego, desta volta na cidade de Lugo

Lugo, 14 de agosto de 2012.- No pasado fin de semana a cidade de Lugo acolleu a recreación dunha das tarefas mais importantes no noso rural durante séculos, como é a malla.

Ler mais

A Federación Rural Galega-FRUGA reclama á Xunta de Galiza que deixe de agravar coas súas políticas a crise do sector lácteo galego

A Federación Rural Galega-FRUGA solicitou unha entrevista coa conselleira do Medio Rural e do Mar para buscar solucións á crise do sector
Lugo, 7 de agosto de 2012.– O sector lácteo galego esmorece nunha crise que ameaza con deixar, non só ao rural, senón ao conxunto da sociedade galega sen un dos seus motores económicos. O prezo do leite que receben os produtores continúa a caer en picado namentres os custos de produción continúan a subir nun ascenso que parece non ter fin.
O seguimento de dous dos principais indicadores no vacún de leite no último ano demostran que a rentabilidade das explotacións leiteiras continúa a baixar.

Ler mais

Participación da FRUGA no Dia da Patria: contra a crise, políticas activas para o agro

Ademais da participar da manifestación polas rúas de Compostela, instalouse un posto no FESTIGAL no que ademais do material propio da Organización, foron postos á venda distintos viños e licores dos nosos/as asociados/as

A compañeira Pilar Vispo, membro da nosa Dirección Nacional, arengou desde a tribuna da Quintana a continuar loitando por un agro galego vivo e chamou á loita aos labregos e labregas deste país na defensa da nosa Patria fronte as agresións das políticas centralistas de Madrid

Compostela, 29 de xullo de 2012.- Como ven sendo habitual desde a súa fundación, a FRUGA participou activamente dos actos reivindicativos do Día da Patria Galega.

Ler mais

Conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, coincide coa FRUGA na necesidade de artellar unha OPL nacional única

Foi unha das conclusións desta primeira reunión mantida onte coa titular do Medio Rural

Rosa Quintana recoñeceu a lexitimidade de FRUGA para participar nas distintas mesas sectoriais  agrarias, así como no Consello Agrario Galego, logo dos resultados das eleccións aos Consellos Reguladores

Compostela, 6 de xullo de 2012.- Na tarde de onte, unha delegación da FRUGA, encabezada por Xurxo Alvarez, Presidente da entidade, acompañado polos membros da Dirección Nacional Elías Somoza e Mar Vila, mantivo un encontro oficial coa Conselleira do Médio Rural e Mariño, Rosa Quintana.

Ler mais

Plataforma Cidadá de Apoio á Feira de Amio reúnese co Alcalde de Compostela para solicitar un acordo por escrito que garanta a continuidade da Feira

Tanto o Alcalde como a Concelleira de Mercados aseguraron que nunca se pretendeu o peche da Feira

Os representantes da Plataforma fixéronlles entrega dun documento que recolle os pontos mínimos para un acordo firme e duradeiro pola continuidade da Feira de Gando

Compostela, 2 de xullo de 2012.- Na semana pasada unha delegación da Plataforma Cidadá de Apoio á Feira de Amio, da que fai parte a FRUGA, reuniuse con Alcalde de Compostela, Angel Currás, e a Concelleira de Mercados, Reyes Leis, para tentar establecer un marco que garanta a continuidade da Feira semanal de gando nas instalacións de Amio.

Ler mais