A sociedade galega volta tomar as rúas contra as políticas antisociais do Partido Popular

A Alianza Social Galega, da que fai parte FRUGA xunto con mais de 60 entidades sociais, chama a participar das distintas mobilizacións que percorrerán as rúas galegas na xornada de mañá

Compostela, 19 de decembro de 2012.- Na tarde de mañá serán 11 as manifestacións que percorran o País  para protestar contras as políticas que está a levar a cabo o Partido Popular. Mobilizacións coas que se queren denunciar as políticas antisociais que está a adoptar o goberno do PP e entre as que cabe destacar a non revalorización das pensións, os retallamentos na sanidade e no ensino públicos, a contrarreforma ideolóxica que representan a LOMCE ou Lei de taxas xudiciais. Será tamén o espazo para reivindicar a reforma da normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuzamentos e lograr a dación en pagamento. Nesas manifestacións, como non poderia ser doutra maneira, estará presente e escoitarase a voz do agro galego.

Ler mais

A FRUGA anuncia novas asembleas para o sector leiteiro

Xa que as organizacións asinantes do “acordo” que veu a desconvocar a folga de entregas do leite que demandaba solucións definitivas para o sector non se atreven a amosarllo á xente, será a FRUGA (que non participou do mesmo) quen o dea a coñecer para a sua valoración.

Compostela, 17 de decembro de 2012.- Será a partir de mañá, martes, que a Federación Rural Galega inícia outra rolda de asembleas polas distintas comarcas produtoras do País para dar a coñecer, por unha banda, o acordo asinado pola Administración Autonómica, os sindicatos de obediencia estatal e a INLAC (Interprofisional láctea, formada por estes mesmos sindicatos, cooperativas agrarias e parte da industria transformadora), e pola outra, recoller as impresións dun sector que olla preocupado (cando non directamente defraudado) como se lle volta a dar unha nova “patada para adiante” a un problema, a fixación de prezos xustos para a súa produción, situación que motivou a folga iniciada o 27 de novembro, pechada en falso coa sinatura deste documento que podedes consultar aqui.

Ler mais

Beber do País, tamén en nadal

A Asociación Galega de Viticultura – FRUGA lanza unha campaña de promoción e venda direta de viños galegos das distintas DOs e IXPs

Se ainda non sabías que perdirlle ao Apalpador…

Compostela, 14 de decembro de 2012.- A AGV- FRUGA lanza unha campaña para que nos fogares galegos non falte o viño do País nunhas festas nas que é habitual que se consuman viños doutras latitudes. Asi nos distintos lotes ofertados que podes consultar no seguinte catálogo actualizado está incluida unha garrafa de viño escumoso do País.

Ler mais

Delegación da FRUGA ven de participar en Bruxelas no Seminario sobre o futuro da reforma da Politica Agraria Común (PAC) 2014-2020

Ana Miranda, eurodeputada polo BNG, acompañada do Presidente da FRUGA, Xurxo Álvarez , con outros membros da delegación galega.

A delegación galega da que formaba parte FRUGA, convidada polo BNG, entrevistouse con distintos representantes da Dirección Xeral de Agricultura da UE

Para a Federación Rural Galega esta reforma vai ser un fracaso para os intereses do sector produtor por estar presidida polo criterio de se adaptar ás regras fixadas pola Organización Mundial do Comercio (OMC)

Compostela, 10 de decembro de 2012.- Os pasados días 6 e 7 de decembro celebrouse un seminario en Bruxelas, organizado pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, que tiña por título: “Análise do impacto da reforma da Política Agraria Común na Galiza”, ao que asistiu unha ampla representación do sector agrogandeiro e rural da nosa nación. A Federación Rural Galega – FRUGA tamén formou parte desa delegación respostando ao convite feito polo Bloque Nacionalista Galego.

Ler mais

Emotiva xornada sobre as Loitas Agrarias na Galiza en Trasliste

Trasliste, símbolo de resistencia na loita contra a cota empresarial, foi o lugar escollido para esta xornada de reflexión sobre a liberación agraria galega Lugo, 1 de decembro de 2012.-  Este sábado, a Federación Rural Galega-FRUGA, celebrou na parroquia de Trasliste, Láncara unha xornada reivindicativa dos movementos agrarios galegos máis importantes desde a transición ata … Ler mais