FRUGA entrega na Xunta de Galiza milleiros de sinaturas exixindo solucións aos danos causados pola fauna salvaxe

    Unha campaña informativa con xuntanzas e recollidas de sinaturas percorreu o País dando voz á indignación das persoas que viven no rural
Lugo 31 de xaneiro de 2014.– Nos últimos tempos as explotacións agrarias galegas e en xeral todo o campo galego está sufrindo cada vez máis intensamente

Ler mais

A campaña solicitando solucións aos estragos da fauna salvaxe reune xá máis de 2000 sinaturas nuns poucos dias

A FRUGA percorre as feiras da Galiza apresentando as nosas medidas para frear a desfeita que o xabarin está a facer no agro galego

Compostela, 4 de novembro de 2013.- A FRUGA volta darlle voz aos afetados e afetadas por unha deficiente, se non ausente, xestión da fauna salvaxe na Galiza por parte dunha Administración Autonómica que outravolta evita asumir as suas responsabilidades

Ler mais

FRUGA elabora propostas para enfrentar os danos causados pola praga do xabarin

Medidas estruturais e actuacións a curto prazo deben ser combinadas para baixar o censo de xabarín e poñer freo á desfeita que está facendo a fauna salvaxe no agro galego.
Lugo 2 de outubro de 2013. – Nos últimos tempos as explotacións agrarias galegas e en xeral todo o campo galego está sufrindo cada vez máis intensamente danos ocasionados pola fauna salvaxe,

Ler mais

Xornadas Técnicas da AGV: viños do Barbanza-Iria

Compostela, 30 de agosto de 2013.- A Asociación Galega de Viticultura- FRUGA presenta unha Xornada de Análise e Debate sobre os Viños do Barbanza-Iria e que forma parte dun ciclo que durante o mes de agosto e que ten tamén lugar en Chantada, Monterrei e Vilmartín de Valdeorras. Estas Xornadas abordarán as produccións de calidade diferenciada como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que os ciclos económicos impoñen, e centrandose na bisbarra arousán da IXP de Barbanza-Iria. A tradición vitícola francesa ten estendido o concepto de terroir, referido a un espazo de aptitude vitícola que xera un potencial de viños direnciado en base a unha dimensión física (xeoloxía, orientación e clima) e unha dimensión cultural (castes, prácticas e tradicións de cultivo). Esta diferenciación da un significado intanxible ás botellas de viño que viaxan polo mundo adiante como potente vector cultural dun territorio ou bisbarra, da súa identidade histórica e cultural, da súa economía, e do seu atractivo turístico.

Ler mais